lunes, 24 de febrero de 2020

DIA DE ROSALÍA

Para celebrar o día de Rosalía de Castro estamos rematando de elaborar unha actividade conxuntamente co equipo TIC. Próximamente publicarase neste blog.


A ROSALÍA DE CASTRO NO SEU DÍA

A Rosalía de Castro no seu día, polos alumnos/as de 6ºA.

viernes, 21 de febrero de 2020

O DESFILE E CHOCOLATADA DO ENTROIDO


 Despois de estar traballando o entroido varios días ...




...Chegou día no que toda a comunidade educativa celebrou o entroido.

A temática deste ano xirou en torno a Mitos e lendas. Que mellor que empezar coa lenda galega do home do saco!



Os dous mecos, que, durante a semana, fóronnos dando diferentes Ordes, hoxe presidieron os diferentes actos.


Destacou o desfile, a chocolatada organizada pola A.N.P.A. do colexio e, a venda de bica, Donuts e magdalenas para acompañar ao chocolate e recaudar fondos para a excursión de final de curso de 6°, dinamizando a competencia lingüística en lingua galega.





jueves, 20 de febrero de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

Continuamos coa actividade apadriñamento lector proposta dende o equipo de Biblioteca do centro, onde os nenos/as maiores van ler aos máis pequenos un libro escollido por eles para a ocasión.









viernes, 14 de febrero de 2020

EMPEZAMOS A PREPARAR O ENTROIDO.




As ordes do Meco, indícanos que xa pronto imos ter o entroido e que temos que ir preparándonos para facer o que nos di na vindeira semana. Recodámosvos que son acomulativas e que este ano está relacionado con mitos e lendas.

Celebrarémolo o venres 21 de febreiro, ás 10.30. Estades todos/as invitadas. Haberá un desfile no patio do colexio e en caso de chuvia, no pavillón. Este ano as zonas reservadas para as familias é a zona do porche.

A Asoción de Nais e Pais (ANPA), convidará, despois do desfile, a unha chocolatada tanto ao alumnado como ás familias que asistan.

ORDE DO MECO PARA O LUNS, 17 DE FEBREIRO



miércoles, 5 de febrero de 2020

VISÍTANOS O ILUSTRADOR PABLO ROSENDO



 Pablo Rosendo, ilustrador galego, publicou libros infantís coas editoriais Xerais, Nova Galicia, Galaxia, Palabra e Aena; ademais de publicar máis de 50 libros de texto a editoriais como Anaya, ESC, Rodeira, Akal, Xerais, Cambridge University Press, Richmond Publishing, Pearson Educación e Edebé.

Colabora coas revistas Hacer Familia, Gesto, Firstfmag, e en medios de comunicación como A Voz de Galicia,  Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo.

 Recientemente escribiu e ilustrou O can Gastón anda triteiro.

Creou carteis e ilustracións personalizadas para diferentes empresas, entre elas, Grupo Panflor, Lallemand, Real Club Celta de Vigo, Pescanova, TVG, Ortodoncia MG, Infancia Misionera, elsitiodelagua.com, C.C. Travesía de Vigo, siareiros.net, Sagres SL, Grupo Microgal, C.C. A Laxe e Liceo de Bouzas entre outros moitos.


Pois ben, hoxe tivemos a sorte de telo entre nós, onde fixemos un pequeno obradoiro de cómic baseado na ecoloxía e coidado do medio ambiente.