miércoles, 5 de febrero de 2020

VISÍTANOS O ILUSTRADOR PABLO ROSENDO



 Pablo Rosendo, ilustrador galego, publicou libros infantís coas editoriais Xerais, Nova Galicia, Galaxia, Palabra e Aena; ademais de publicar máis de 50 libros de texto a editoriais como Anaya, ESC, Rodeira, Akal, Xerais, Cambridge University Press, Richmond Publishing, Pearson Educación e Edebé.

Colabora coas revistas Hacer Familia, Gesto, Firstfmag, e en medios de comunicación como A Voz de Galicia,  Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo.

 Recientemente escribiu e ilustrou O can Gastón anda triteiro.

Creou carteis e ilustracións personalizadas para diferentes empresas, entre elas, Grupo Panflor, Lallemand, Real Club Celta de Vigo, Pescanova, TVG, Ortodoncia MG, Infancia Misionera, elsitiodelagua.com, C.C. Travesía de Vigo, siareiros.net, Sagres SL, Grupo Microgal, C.C. A Laxe e Liceo de Bouzas entre outros moitos.


Pois ben, hoxe tivemos a sorte de telo entre nós, onde fixemos un pequeno obradoiro de cómic baseado na ecoloxía e coidado do medio ambiente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario