miércoles, 30 de octubre de 2019

CELEBRAMOS O SAMAÍN









 No día de onte e hoxe os gañadores no III Certame de Conto de Medo, leron a súa creación en Radio Lagoa.




Para cerrar a celebración do Samaín, fíxose  entrega dun diploma a todos os/as finalistas de aula e aos gañadores/as de nivel un agasallo como recordo.























NORABOA A TODOS E TODAS QUE FIXESTES POSIBLE ESTES CERTAMES!!

jueves, 24 de octubre de 2019

LEMOS COS MAIORES/LEMOS COS MÁIS PEQUENOS

Para hoxe o equipo de biblioteca do colexio, organizou unha actividade moi bonita co gallo do día das Bibliotecas Escolares. 

Esta actividade consistía nun apadriñamento lector, onde os nenos/as maiores apadriñaban un compañeiro/a máis pequeno para o que escollían persoalmente un libro e llo lían no período lector.


















sábado, 19 de octubre de 2019

viernes, 4 de octubre de 2019

CHEGA O OUTONO

Ola amigos/as. Xa están aquí as primeiras pegadas do cambio estacional: as cores marróns, amarelas, verdes, ocres, veremellas nas follas de diferentes árbores que xa empezan a caer; as mañás algo máis frías e a visita da chuvia con máis frecuencia indícanos claramete que o o OUTONO xa está aquí!! 

Por iso no noso cole recibímolo facendo diferentes actividades. Deixámosvos unha pequena mostra. Esperamos que vos guste.