viernes, 15 de mayo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO, HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.



Este próximo domingo, 17 de maio, as nosas letras, teñen unha celebración moi diferente debido á Covi-19; pero que sexa diferente non quere dicir que nos impida, dende o colexo, render homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.



Primeiramente tedes a súa biografía.

Para os máis pequenos, na parte inferior encontraredes links moi interesantes, que conteñen varios xogos e información sobre quen foi este escritor galego.


  • Empezamos coa súa biografía.

Ricardo Carvalho Calero, fillo de Gabriel Ricardo Carballo e Mª Dolores Calero e o maior de cincor irmáns,  naceu o 30 de outubro de 1910, na rúa de San Francisco, no coñecido Barrio Vello de Ferrol.

Tiña tan só nove anos, cando morre a súa nai.


CASA NATAL DE RICARDO CARBALLO
Cando chegou por primeira vez á escola, que era particular, preto da súa casa, xa sabía ler; ensináralle a súa nai. 


Un ano máis tarde, en 1920, aproba por libre, os exames de ingreso do 1º curso no Instituto General y Técnico Eusebio da Guarda, da Coruña e remata os seus estudos de bacharelato con case quince anos.

Posteriormente, en 1926, ingresa na Universidade de Santiago, onde cursará os estudos de Dereito. É nesta etapa onde Carvalho Calero empeza a escribir, sobre todo poesía e teatro.Os seus poemas aparecen publicados na revista Maruxa, propiedade dun curmán da súa nai e posteriormente amplíanse as súas publicacións á revista cubana Vida Gallega e ao xornal El Correo Gallego.

Foi un grande estudante, facendo en tan só catro cursos, os cinco da carreira de Dereito. No último ano da carreira, 1930-1931, recibe o encargo de pronunciar o discurso de inauguración do curso académico.

CARNÉ DE RICARDO CARVALHO
COMO SOCIO ACTIVO DO SEMINARIO
DE ESTUDOS GALEGOS
Paralelamente, en 1927, ingresa no Seminario de Estudos Galegos coa lectura duns poemas titulados A dor da cantareira. Este Seminario foi creado na cidade da Coruña o 13 de abril de 1923, co obxectivo de estudar e divulgar o patrimonio e a cultura galega; e tamén para formar a investigadores.

En 1928 publica, en castelán, o poemario Trinitarias e en 1931,coa chegada da II República, colabora na redacción do Anteproxecto de Estatuto de Galiza, onde, de claro contido federalista, recoñíase a Galiza como un estado libre dentro da república española. A posterior aprobación da Constitución da República, non tivo en conta esta proposta, triunfando unha concepción máis unitaria do estado español.

En 1931, fúndase o Partido Galeguista (PG) e
Ricardo Carvalho intégrase na Executiva do mesmo. O xornal A Nosa Terra,fundado en 1907, pasa a ser o órgano de expresión do Partido Galeguista.


Casa en 1933 con Mª Ignacia Ramos, a quen horra nos seus escritos, ao asinar co pseudónimo de Fernando Cadaval; facendo, así, referencia ao Cádavo, lugar de nacemento da súa muller, no concello lugués de Baleira. 

En 1935 colabora coa revista SER baixo o pseudónimo de Eduardo Colmeiro e en 1936 finaliza os seus estudos de Filosofía e Letras. 

O 28 de xuño de 1936, vótase o Estatuto de Autonomía para Galiza e aprobóvase, mais Ricardo non pode exercer o seu dereito ao voto porque encóntrase na capital do Estado para facer as probas de ingreso no profesorado oficial. O 18 de xullo iníciase a rebelión militar e Carvalho Calero xa non pode retornar a Galicia nin ver á súa familia ata cinco anos máis tarde.

Ese mesmo ano e co inicio da Guerra Civil, o Seminario foi disolto e co seu patrimonio, varios anos despois de rematar a guerra,en 1944 creouse o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, cunhas directrices  menos galegistas cas do Seminario.

Diante do chamamento realizado aos profesores para a defensa da República, Ricardo alistouse como miliciano. Despois de tres meses de instrucción é destinado en Úbeda,Xaén. O triunfo das tropas sublevadas,
CONVENTO SANTA ÚRSULA (ÚBEDA, XAÉN)
RECONVERTIDO EN CÁRCERE POLOS MILITARES 
GOLPISTAS. NEL PASOU RICARDO DOUS ANOS 
DE RECLUSIÓN.
fai que os militares republicanos se teñan que render e someterse ao correspondente Consello de Guerra, no que é condenado a doce anos e un día de cárcere.


En 1941 volta a Ferrol con liberdade provisional e traballa como profesor no ensino privado. Anos despois en 1950, trasládase a Lugo onde traballa no colexio Fingoi como Conselleiro Delegado do Padroado.



Neste mesmo ano gaña o Premio Bibliógrafos Gallegos con A xente na barreira e participa no 1º Consello da Editorial Galaxia.



En 1954,acada o doutoramento en Madrid cunha tese sobre a literatura galega contemporánea. Catro anos máis tarde, en 1958, ingresa na Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes de Rosalía.

Despois de dedicarlle dez anos publica, en 1963, Historia da literatura galega contemporánea e en 1964 deixa o cargo de Conselleiro Delegado do Patronato do Colexio de Fingoi e incorpórase á universidade compostelá como profesor interino de Lingua e Literatura Galega.





En 1966 entra a traballar como profesor oficial no Instituto Rosalía de Castro de Santiago e tamén publica Gramática elemental del gallego común.


Gaña a cátedra de Lingua e Literatura Galega na universidade compostelá en 1972.

Oito anos máis tarde, en 1980, xubílase e deixa a docencia. A Xunta noméao presidente da comisión encargada de elaborar normas ortográficas administrativas para o idioma galego.

Corría o ano 1981, cando se funda a Associaciaçom Galega da Lingua, AGAL, co obxectivo de incorporar o galego ao ámbito luso-brasileiro. Esta asociación defende que o idioma galego é unha variante do idioma portugués pero un ano máis tarde, en 1982, a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega aproban unha normativa contraria ás teses de Ricardo Carvalho Calero e en 1983 o Parlamento Galego aproba a Lei de Normalización Lingüística.




En 1984 recibe a medalla Castelao e en 1987 publica a novela Scórpio.




Ricardo Carvalho Calero, falece o 25 de marzo de 1990 en Santiago e entérrase no cemiterio compostelán de Boisaca.





  • Déixovos un vídeo para que coñezades quen foi Ricardo Carvalho Calero de forma audiovisual. Fai clic na imaxe:


  • Agora que xa coñeces a vida e obra de Ricardo
    Carvalho Calero, é tempo de xogar. Fai clic nos enlaces.






EDUCACIÓN INFANTIL

      



     BIOGRAFÍA







EDUCACIÓN PRIMARIA



1º e 2º




3º e  4º




5º e 6º








XOGOS PARA 3º, 4º, 5º e 6º