jueves, 30 de enero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


Un ano máis, o 30 de xaneiro, no colexio celebramos o Día Escolar da Non-violencia e a Paz, con diferentes actividades. 

Aínda que cada día intentamos fomentar e plasmar nos nosos actos tolerencia cos demais, solidariedade,  concordancia, e respeto dos Dereitos Humanos, é neste día, onde traballamos máis en profundidade todas estas palabras cargadas de contido.


Os cursos maiores, que están traballando co xornal na escola, leron, analizaron e buscaron información, con axuda das TICs, sobre algunhas noticias que tiñan relación cos contidos da celebración deste día.



Tamén se fixo (uns días máis tarde por mor da chuvia) unha saída: VISITA POLA PAZ, ao Centro de Día Lar de Beográn e ao Centro de Maiores de Salvaterra de Miño. 




Mostrámoslles trucos de maxia,

baile tradicional galego e baile moderno,



e contámoslles a Lenda da Loba branca que se sitúa na serra do Courel.