viernes, 20 de diciembre de 2019

CHEGOU O NADAL!

Ao longo das últimas semanas fixemos diferentes actividades para celebrar o Nadal, aínda que algunha, como a visita ao Centro de Maiores ou ao Centro de Día de Salvaterra, tivémola que aprazar para o segundo trimestre polo temporal que houbo na data programada. Non obstante os agasallos que lles preparamos e nos trouxeron chegaron aos respectivos destinatarios.

PARA ELES






PARA NÓS



Ao longo de todo o mes de decembro, adicamos  tempo a:

* decorar as aulas e corredores







 





















* deseñar, facer e escribir postais de Nadal entre os compañeiros de aula






que posteriormente se levaron á oficina de correos da vila para que chegara á nosa casa a través de correo postal.



* ensaimos panxoliñas (non fagades clic, non é un vídeo, senón a foto dun vídeo)


* e celebramos a festa de fin de ano, incluídas as badaladas


E así, pasiño a pasiño, despedímonos de todos/as vós, ata o próximo ano desexándovos un Bo Nadal e un magnífico 2020!!

 

martes, 3 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (...) O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida (...) 

Antonio Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas, di que cando aseguramos os dereitos das persoas con discapacidade, acercámonos máis ao cumprimento da promesa esencial da Axenda 2030: non deixar a ningúen atrás.

Por iso na semana do 3 de decembro no noso colexio desenvolvemos diferentes actividades que nos acercaron máis as persoas con algunha discapacidade.

Escoitamos en primeira persoa como cambiou a vida de persoas que de repenten perderon a vista.



Sentimos empatía por aqueloutros que en moitas ocasións encóntranse con barreiras arquitectónicas.






E experimentamos como se debuxaba sen o sentido da vista ou a limitación motórica das mans.
  




 

VISÍTANOS PAULA CARBALLEIRA



Despois de ler Bruxa e familia, os alumnos/as de 6º de Primaria, hoxe tivemos unha visita moi especial, o da escritora e actriz, Paula Carballeira.

 

Ademais de moi interesante, a súa intervención foi moi divertida.
 







Asinounos os libros.
 






Antes de despedirnos dela, a directora do centro agradeceulle a súa visita e fíxolle entrega dun pequeno-gran recordo.

Grazas por todo, Paula, e ata pronto!