martes, 3 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (...) O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida (...) 

Antonio Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas, di que cando aseguramos os dereitos das persoas con discapacidade, acercámonos máis ao cumprimento da promesa esencial da Axenda 2030: non deixar a ningúen atrás.

Por iso na semana do 3 de decembro no noso colexio desenvolvemos diferentes actividades que nos acercaron máis as persoas con algunha discapacidade.

Escoitamos en primeira persoa como cambiou a vida de persoas que de repenten perderon a vista.



Sentimos empatía por aqueloutros que en moitas ocasións encóntranse con barreiras arquitectónicas.






E experimentamos como se debuxaba sen o sentido da vista ou a limitación motórica das mans.
  




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario